Este ano as Escolas Galegas da rede Unesco decidiron celebrar o "Día da Paz" dándolle relevancia ao deporte e así de paso tamén celebrar o éxito de varias mulleres olímpicas e paralímpicas galegas.
Polo que estos días nas nosas aulas o alumnado falou dos valores que se conseguen a través do deporte, entendendo que o deporte contribúe ao desenvolvemento da paz promovendo tolerancia e respeto e que respalda tamén o empoderamento das mulleres e a inclusión.
Aproveitamos tamén para traballar os obxectivos de desenvolvemento sostible que estaban relacionados co tema "Deporte e paz", asi como coñecer un pouquiño da vida dalgunhas das mulleres deportistas importantes deste momento.
Entre todo o alumnado do colexio realizamos este mural , a @s de infantil tocounos centrarnos na búsqueda de imaxes relacionados cos valores do deporte e na realización de debuxos que plasmaran esceas de deporte e paz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario