jueves, 24 de febrero de 2022

SEMANA DE ENTROIDO

 O NOSO CABANÓN,  DISFRAZADO DE CHOQUEIRO, ENVIOUNOS OS SEGUINTES MANDADIÑOS:



















DURANTE ESTA SEMANA, TAMÉN REALIZAMOS UNHAS CARETAS MOI DIVERTIDAS!!!!
AGORA MAÑÁ TÓCANOS DESFRUTAR DO ENTROIDO VESTIDOS DE " CHOQUEIROS".







23 DE FEBREIRO: DíA DE ROSALíA

HOXE  23 DE FEBREIRO CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO,DURANTE TODA ESTA SEMANA ESTIVEMOS APRENDENDO ESTA CANCIÓN FEITA CO SEU POEMA.

 
            EU BEN VIN ESTAR Ó MOUCHO
            ENRIBA DAQUEL PENEDO.
            ¡NON CHE TEÑO MEDO MOUCHO;
            MOUCHO, NON CHE TEÑO MEDO!



ADEMAIS COÑECIMOS MOITO DA SÚA VIDA, E COA AXUDA DA PROFE MARÌA XOSÉ E DOS NEN@S DE 4 ANOS REALIZAMOS ESTE PRECIOSO CONTO.











lunes, 14 de febrero de 2022

14 DE FEBREIRO: O AMOR PROPIO

 NESTE DÍA DECIDIMOS FALAR DO AMOR PROPIO, CANTO NOS CUSTA VERBALIZAR O QUE MÁIS NOS GUSTA DE NÓS E QUE IMPORTANTE É QUERERNOS A NÓS MESMOS !!!!  

O MELLOR AMOR É O PROPIO!!!!!!!

SODES FANTÁSTIC@S PEQUECH@S!!!!!!!!!






















30 DE XANEIRO : O DEPORTE UNE

 Este ano as Escolas Galegas da rede Unesco decidiron celebrar o "Día da Paz" dándolle relevancia ao deporte e así de paso tamén celebrar o éxito de varias mulleres olímpicas e paralímpicas galegas.

Polo que estos días nas nosas aulas o alumnado falou  dos valores  que se conseguen a través do deporte, entendendo que o deporte contribúe ao desenvolvemento da paz promovendo tolerancia e respeto e que respalda tamén o empoderamento das mulleres e a inclusión.
Aproveitamos tamén para traballar  os obxectivos de desenvolvemento sostible que estaban relacionados co tema  "Deporte e paz",  asi como coñecer un pouquiño da vida dalgunhas das mulleres deportistas importantes deste momento.

 Entre todo o alumnado do colexio realizamos este mural , a @s de infantil tocounos centrarnos na búsqueda de imaxes relacionados cos valores do deporte e na realización de debuxos que plasmaran esceas de deporte e paz.